22.10.23

De poubanas e casas de baños en A Guarda


Conta no seu muro de facebook Jose Antonio Uris Guisantes que "preto da praia de Aldramán ( dentro do porto da Guarda) existía a Casa de Baños " LA INICIADORA". 
Esta Casa de Baños xa non existe, os seus donos foron Casimiro Vicente Peniza e María Vicente Rolan. A primeira fotografía data de 1926 e a outra de 1924. Fóronme cedidas pola familia. Dentro da casa tiñan unha caldeira onde quentaban a auga do mar bombeada por unha bomba manual. Dispuña de tres grandes bañeiras de porcelana nas que as empregadas botaban auga quente, dentro xa botaran un brazado de "algas" chamadas "sojas" (laminarias) que previamente foran collidas nas rochas con fouce e postas a secar. No momento de botar as sojas a auga quedaba totalmente marrón e as sojas brancas, que eran retiradas para que as ou os bañistas puideran meterse dentro a disfrutar do baño.
Trataban reumas, enfermidades da pel, problemas de circulación etc. 
Acudían aos baños desde Ribadavia, Tui e moitas localidades da contorna. 
Aproveitando que estaba preto a praia (sen area) de Aldramán ('a orela perdida' en árabe) dentro do porto guardés, tamén se instalaron casetas de madeira para cambiarse os e as  bañistas, polo que aquela zona  chamouse popularmente AS CASETAS.


Continúa informando Uris Guisante que
"ALDRAMÁN = A orela perdida, segundo o historiador guardés  D. Generoso Álvarez Seoane que escribíu que un "bajel corsario" dunha flota que ía entrar no río Miño (navegable ata Tui) un temporal desfixo o bajel contra as rochas dentro da pequena cala do futuro Porto. Desde esa foi coñecida como a "praia de Aldramán" composta por pequenas pedras e pozas entre as rochas. 
Foi a praia oficial da Guarda ata agosto de 1934 cando se inaugurou o acceso e praia da Area Grande."
Temos pendente de localizar o artigo Las calceteras de La Guardia do citado Generoso Álvarez Seoane publicado en "El Faro de Vigo" o 16 de xaneiro de 1973 
Noutros artigos de prensa aparece a referencia de poubanas para estas bañistas guardesas :
Así neste de 18 de abril de 2012 publicado en Páxinas da Guarda, Celso R. Fariñas recolle a achega de Jesús Muruais en El Eco de Galicia falando das poubanas e remata dicindo (colleita propia): "Recordando a aquelas primeiras turistas 'poubanas' que visitaban A Guarda"
Completa o artigo con esta fotografía
ç

A maiores engadir que no traballo de fin de grao de Blanca Domínguez Sobrino "El habla marinera en A Guarda (Pontevedra)  nun dos Anexos aparece o vocabulario recollido por Joaquín Cadilla nas entrevistas feitas aos mariñeiros, tamén aparece o termo "poubana" vivo, pois o traballo é do 2021.


Ningún comentario:

Publicar un comentario