14.12.23

Casas de baño: Picadillo

Vista xeral de Ribadeo 1966


Trapero Pardo no diario "El Progreso" de 12 de xullo de 1966 escribía un amplo artigo sobre "El veraneo de nuestros abuelos", este era o título e nel debulla todas as alternativas polas que se podía optar antigamente na época estival. Noutra entrada faremos unha recensión do mesmo, paga a pena.
Hoxe paramos nun parágrafo do citado traballo xornalístico, que nos chamou a atención e sobre que fomos tirando información para entender ao que se refería o bo de Trapero.
Falando dos baños quentes escribía: 
"Esos  se tomaban en A Coruña, en Ribadeo y en Foz. Agua de mar, con algas y todo. Unas veces en Casas de baño autorizadas. Otras en las casa, en los "baños de salar"
Baño para salgar e gardar a carne de cocho


Baños de salar? Estamos falando dos baños de salgar a carne da matanza dos porcos; dependendo dos lugares do maseiro ou mesmo da maseira.
Custaba crer o que de certo liamos pero seguro que o cronista de Lugo tiña información de primeira man.
Agora damos, grazas ao blog Crónicas de Arteixo, cunha publicación que permite tirar luz sobre estes baños quentes alternativos aos balnearios ou Casas de baño con licenza.

Portada de 12 de xullo de 1918

No xornal coruñés "El Orzán" de 12 de xullo de 1918 o famoso Picadillo, Manuel María Puga ( gastrónomo, escritor, xornalista, político...) escribe un artigo que baixo  o título "Veraneo pintoresco: El balneario de las Cobadas" (sic) no que, entre outras cousas que iremos publicando en posteriores entradas, fala desta Casa de baños das Covadas que á sombra do balneario de Arteixo, dá servizo a xente humilde de aldea que non pode hospedarse no citado balneario. ( Non sabemos se catalinas pero si bañistas labregos dos que falamos neste blog) 
Pazo das Covadas na actualidade
Lemos co humor característico do autor de "La cocina práctica" :  
"Lo que no conocéis, seguramente, son otros balnearios aldeanos que tienen por regla general su asiento en los lugares próximos a las playas. Aquí, a media legua de distancia aproximadamente del Pazo de Anzobre, existen tres o cuatro de estas instalaciones. Habré de describiros una y como esta son todas las demás. 
As Covadas, que así se llama el balneario de mi historia, sienta sus reales en la parroquia de San Pedro de Sorrizo, a unas docenas de metros de la playa que lleva su nombre. El dueño del establecimiento balneario es un labrador y vecino de la referida parroquia. 
La casa donde habita, que es una casa de labranza, se transforma como por encanto en cuanto llega el mes de Julio. Un carpintero del país ha hecho de pino media docena de cajones semejantes a la mitad de una caja de muerto, que llegado el caso se han distribuido en el sobrado, en la cuadra, en la bodega del hórreo y en el cuarto del alpendre.
Viene el “manciñeiro” y le receta a un cristiano o cristiana baños calientes. Sale el bañista de su casa armado de cesta en la cual van patatas, habas, alguna carne de cerdo, unto y huevos, y un chisme, pota o tartera, para condimentar todo esto.
Llega al balneario, toma su habitación que le cuesta un real; por dos reales más, el propietario del establecimiento le media de agua del mar caliente uno de aquellos ataúdes; allí se sumerge el bañista hasta que le parece bien y una vez seco y vestido requiere de la cesta lo necesario para condimentar su comida. A los siete baños justos se acaba la temporada. Se friega la olla en debida forma, vuelve a la cesta con las vituallas sobrantes, y abonados los veintiún reales de gasto, vuelve el bañista para su casa con la consigna de no salir al sol sin paraguas ni andar al relente, pues podría cortarse la dieta. Excusado es decir que el agua, mientras no se enfría, va sirviendo para los diferentes clientes del balneario, pues aunque en el mar la hay abundante, cuesta trabajo acarrearla en el bocoy y cuesta dinero el calentarla por los precios que tiene la leña. 
El balneario de As Covadas goza de una gran fama y a juzgar por las gentes que a él concurren, debe ser de los mejores de su clase. Pero sea como quiera, las gentes hoy no se bañan porque no les da la gana, porque con veintiún reales y una cesta medianamente repleta puede uno darse el postín de pasar en un balneario parte de la temporada veraniega".
 
O autor do artigo: o famoso Picadillo

As fotografías
Ribadeo: colección particular
Baño para salgar: Todo colección
Portada "El Orzán" : Galiciana
Pazo das Covadas : LaVoz de Galicia
Picadillo: Wikipedia

13.12.23

Memoria viva dun poubano: fala Manuel Boullosa

Praia de Mogor ( fotografía anterior a 1965)

Na procura de información sobre Marín e as poubanas demos no facebook con un marabilloso relato en primeira persoa dun poubano, Manuel Boullosa (1),  das terras do concello da Lama (Pontevedra), cremos da parroquia da Xesta.
Memoria viva que pasamos a transcribir ( previa autorización do autor)  e ao que engadimos algunhas notas e comentarios posteriores que o post no facebook orixinou e cremos completa esta entrada.
Non temos seguridade pero intuímos que o relato podemos situalo a fins dos anos cincuenta ou máis probablemente na década dos sesenta.
Este é o testemuño:
"Moito antes de que chegase a España o invento do turismo de masas en forma de veraneantes coas roupaxes multicolor, dispostos a poñerse vermellos coma gambas nas nosas praias, os galegos de aldea xa gozaban de algo semellante. 
Algúns optaban polo termalismo, ou como se dicía popularmente "ir ás augas" a Carballiño, por exemplo, mentres que outros decantábanse por "ir tomar os baños" case sempre ás praias de Mogor ou Portocelo en Marín. 
A mediados de setembro, as nosas laboriosas aldeás do interior, despois de pasar un tórrido verán recollendo as colleitas de millo e patacas, e coa herba para o inverno a bo recado nas palleiras, marchaban á consulta do médico de cabeceira a contarlle os seus achaques e trastornos físicos...tras revisalas o doutor e receitarlles algún reconstituínte preguntábanlle:
--Don Aquilino (2), e viranme ben uns baños no mar? 
Ao que o doutor, que ademais de médico era psicólogo contestaba :
-- Iso será man de santo.
 Ao regresar ao domicilio, poñían en antecedentes ao home, e posto que era por orde facultativa, deixaban a este a cargo das faenas na aldea, aprovisionábanse de bastantes ovos e chourizos nunha cesta e recollendo os rapaces tomaban o coche de liña a Pontevedra, onde facían transbordo no "trole" (3) ata Marín, tras de varias horas de viaxe e de algún vómito matutino a causa do mareo.
Cóntase a anécdota dalgunha señora que nunca saíra da súa aldea máis alá de Ponte Caldelas e cando chegou a Marín e viu o mar exclamou: 
-Diormío, diormío, que lonxe é isto!,  aquilo que se ve alá lonxe no mar, ha de ser Cuba!
-Non tía Rosa, aquilo é a illa de Ons!
En Marín adoitaban aloxarse nalgunha pensión económica ou nalgunha casa particular con dereito a cociña, e a gozar durante sete ou nove días dos relaxantes baños de mar. 
Aínda hoxe ignoro o porqué dos días impares, tal vez teña conexión máxica co "baño das nove olas" d’A Lanzada. 
A primeira vez que me levaron a Marín, recordo que acudimos medio concello en tropel. Metade da praia de Mogor foi tomada pola gran cantidade de rapaces de aldea, mentres que a outra parte era dominada polos rapaces de Marín, que nos miraban de forma despectiva por haber invadido o seu territorio xentes de secaño;.e incluso tivemos algún pequeno altercado, todo porque nos chamaron "poubanos", ou sexa, de pobo, mentres que nós chamámolos "peixeiros"...pero non pasou a maiores.
 A verdade é que era todo un espectáculo, ver "tomar os baños" a algunhas das nosas matronas aldeás, remisas a embutirse dentro dun traxe de baño por parecerlles indecente para a moral iso de expoñer as súas brancas e rubicundas carnes ao sol, envolvíanse pudorosamente nuns amplos camisóns largos que as cubrían por completo. As roupas talares ao contacto coa auga pegábanse aos seus corpos resaltando todas e cada unha das súas concavidades, inducíndonos a non poucos pecados de pensamento, palabra e obra... 
Alameda de Marín


Ás tardes adoitabamos xuntarnos todos os coñecidos invariablemente na alameda, os maiores por un lado, para poñerse ao día no último chisme ou desgraza de algún coñecido, e os rapaces polo noso, xogando, comendo xeados, vendo unha peli de vaqueiros ou romanos no cine Quiroga, (4) ou intentando os nosos primeiros rudimentos de “ligoteo”.
Fachada do cine Quiroga
Debo confesar que nesa ocasión, con todo disposto para a marcha a mediodía, escapulinme á praia para aproveitar ao máximo a última oportunidade. Cando regresei tiven unha reprimenda importante, pois bañárame dez días seguidos, polo que houbo que abortar a viaxe e quedar un día máis para tomar o undécimo baño..."que se non, podía facerme mal".

Programa de man Cine Quiroga

O post de Manuel Boullosa ( 12 de xaneiro de 2014) xerou algunha achega nos comentarios que non nos resistimos a reproducilos por completar tan fermoso relato:
Nelly Boullosa, comenta "como recordo a ida a Marín coa sra Elvira e Hermelinda o traxe de baño confeccionado pola mesma Elvira e os baños contados sen fallar un. Que tempos!... e a ida ás augas ao Carballiño en épocas das súas festas... tampoco non as esquezo, Manuel... Que ben o pasamos!
Manuel Cortizo Tato: (...) recordáchesme a miña infancia!,eu tamen ía a Marín, e os primeiros días era unha odisea para poderme meter na agua... estaba fría de carallo !
Mari Paz Alvariño Cousiño: Eu tamén fun de pequena cos tía Lidia "ás augas" para ter apetito pois comía moi pouco... 
Amparo Antón Barreiro: (...) Eu tamén recordo eses días, a don Aquilino e as poucas visitas a Marin...
Benny Lorenzo: Fun tan feliz en Marin! que xa de casada regresei para ver se aínda acordaba da casa onde nos hospedábamos e si encontreina, a miña amada avoa Maria era a que facía posible eses momentos 

Aparte das notas que van a continuación e que paga apena ler por completar esta entrada, agradecer a autorización de Manuel Boullosa a publicar o seu relato neste blog. Grazas 

Notas
(1) De Manuel Boullosa indicar que debeu nacer en Pigarzos, A Xesta, A Lama, Pontevedra
(2) Trátase do doutor Don Aquilino González  (1920 - 1994) natural de Verducido e que tiña consulta tanto na Lama como en Ponte Caldelas ( ver ligazón )
(3) Falaremos nunha entrada posterior dos transportes que empregaban as poubanas para achegarse ao mar de Marín. Aquí deixar constancia que a transformación do tranvía (Pontevedra - Marín) na empresa dos troles produciuse no ano 1942.
 (4) O cine Quiroga fundouse no ano 1917 e pechou definitivamente as súas portas no ano 1988. Na páxina 51 do número 44 da revista Andaina hai unha pequena entrevista cunha tataraneta da primeira propietaria, Dona Amalia. Para saber máis ver esta ligazón 

Fotografías
Praia de Mogor: Sacada do blog Mogor & Rías Baixas 
Alameda: Sacada de Carriola de Marín 
Fachada cine Quiroga: Sacada da páxina de facebook, Marin en fotos
Programa de película : Sacada da páxina Todo colección

12.12.23

Seguimos falando das poubanas de Marín

 


No xornal "La Voz de Galicia" do 18 de agosto de 2019, Marcos Gago escribe o artigo "Marín innovó en el turismo de masas con el baño de otoño para «poubanos»"

Nel escribe que "la villa portuaria mantuvo su tirón como corazón turístico de la ría hasta mediados del siglo pasado.

Marín fue hace cien años el corazón turístico de la ría, lugar de esparcimiento estival para la alta sociedad pontevedresa y la naciente clase media, y destino para las clases más populares ya empezado septiembre. En la actualidad, el presente industrial y portuario de la villa ha eclipsado ese pasado del que solo quedan en pie algún que otro chalé en Cantodarea -Villa Echegaray, el más emblemático, desapareció hace unos veinte años-. 

En las décadas finales del siglo XIX y principios del XX, podría decirse que Marín innovó con el turismo de masas. No es que llegasen miles de visitantes como lo hacen hoy a referencias turísticas como Sanxenxo, O Grove y Baiona -entre otras cosas porque no había vacaciones pagadas ni coches-, pero sí se constata la presencia de cientos de personas por septiembre, «a tomar los baños» como se decía entonces. No esperen la palabra turista, no se usaba. En su lugar utilice bañistas. En Marín, no obstante, la gente de la villa los conocía por otro nombre, los poubanos, término con el que definían a la gente de las aldeas y que al final del verano o principios del otoño acudía para disfrutar de una estancia de varios días en la costa. 

Las vacaciones de aquella época, como la actual, tenían sus diferencias, según el poder adquisitivo de cada uno. Las clases pudientes se alojaban en sus propias casas que, a modo de segunda vivienda, se construyeron en primera fila de playa, en Cantodarea y A Mouta. En los años veinte se marcharon a otros lugares, según las fábricas de salazón iban aumentando en número -los poubanos pervivieron más tiempo-. Sus idas y venidas en cada temporada aparecían reflejadas en la prensa como hitos de la semana. Fue para atender a esta clientela más pudiente por lo que se construyó en Os Praceres un hotel, cuya estructura subsiste en el colegio del Sagrado Corazón. 

Este turismo de dinero era el principal usuario de la casa de baños, que servía a modo de local de talasoterapia, a la medida de finales del XIX, y permitía el acceso a habitaciones cerradas, con bañera, que se surtían de agua del mar. 

El pueblo llano, se alojaba en las viviendas de los vecinos, que así lograban un ingreso extra. Algunos de los poubanos, que llegaban de lugares tan lejanos como Soutelo de Montes u O Carballiño, podían permitirse ir a la casa de baños. Otros, la mayoría, lo hacían en la playa. Eso sí, siguiendo los cánones del momento, separados por sexos. Primero, el Carreiro das Mulleres, más lejos el Carreiro dos Homes, separados por rocas y de tal forma que los unos no podían ver a los otros. En el femenino había hasta bien entrado el siglo casetas para que se pudiesen poner un bañador que les tapaba todo. Los dos arenales, desaparecidos en la actualidad, estaban ubicados antes de Portocelo, una playa casi desértica para el baño y que los vecinos utilizaban para dejar varadas chalanas y redes, una estampa imposible cien años después".

Nota: A fotografía é a que ilustra o citado artigo

11.12.23

Francisco Calo Lourido da súa "Cultura mariñeira"


Fixemos mención nunha entrada anterior ao traballo de Xaquín Lorenzo sobre os baños das labregas no mar, feito o estudo no ano 1969. (ver ligazón) Hoxe achegamos, da man de Raquel Queizás, o traballo feito por Francisco Calo Lourido sobre Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández, no Boletín nº 365 da R. Academia Galega e que leva como título "Cultura mariñeira". ( pódese ler aquí )
Despois de repasar as publicacións de Xaquín Lorenzo sobre o mar  chega ao seu traballo "O mar terra adentro" e indica:
(...) publica un artigo (...) no que anuncia que non pretende “eiquí esgotal-o tema, mais sí quero dar algunhas mostras de esta presencia do mar na terra adentro” (...).Empeza falando dos bañistas da montaña que ían tomar os baños de augas de mar e dinos que lles chamaban poubanos. Cando nós eramos picariños, aínda coñecemos moi ben xente desta que viña ó Porto do Son, así como as casas de baños onde se lles quentaba a auga (non era normal que nin eles nin os naturais se bañaran directamente no mar) (1), agora ben, nós falabamos sempre das mulleres e, polo tanto, en feminino.(...) Fai Calo referencia ao traballo de Bouza Brey do que xa falamos noutra entrada e indica que mantidas é o que empregabamos no Porto do Son. Deducimos, xa que logo, que os da zona ourensá non frecuentaban a nosa ría.
Poderiamos nós contar anécdotas relacionadas coas mantidas, pero o que ignorabamos é o que se nos narra neste traballo: cando volvían ós seus lugares de orixe, continuaban a facer as prácticas curativas prescritas polo médico, escoitaban o mar nos cornos que levaran de recordo e, polas noites, falaban do trasno, das bruxas e do mar, así, todo no mesmo plano, proba evidente de que o mar era para eles un mundo tan estraño e ignoto que figuraba no seu imaxinario ó mesmo nivel que as bruxas e o trasno.

(1) Pode semellar raro, pero a práctica de se bañar e nadar no mar é recente; agás excepcións, non vai máis alá da nosa infancia, pola metade de século. Os mariñeiros, sempre no mar, era habitual que non souberan nadar e, aínda hoxe, tivo que se poñer obrigatoria unha demostración de saber, cando menos, dar dúas brazadas para conseguir o elemental título de competencia mariñeira, imprescindible, hoxe, para traballar profesionalmente no mar. Pola contra, para ningún dos títulos de embarcacións de recreo se esixe coñecemento ningún de natación. 

Ata aquí parte das reflexións de Calo Lourido , nós así o transcribimos.
Para ilustrar a entrada engadimos unha fotografía do Arquivo do P. Gaite de un grupo de rapaces bañándose na praia "de la Sagrada" no Porto do Son. 
A fotografía indica que está feita entre  os anos 1910 e 1920.
Correspóndese coa punta da Atalaia do Son, onde se encontra a capela da Nosa Señora da Misericordia, chamada vulgarmente a Sagrada.
A fotografía é do muro de facebook da Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego.  

1.12.23

Xaora de Ana Moreiras


Dentro da procura da memoria viva das bañistas do interior, demos coa publicación recente de Ana Moreiras, Xaora, editada en Allariz pola editorial de Carlos Aira ( que xa publicara no seu momento a primeira novela gráfica desta autora,Madialeva

En Xaora fai un percorrido desde o seu Vilaformán trabadense ( Vilafruma na novela) e coa lingua ( xa o indica autora) propia da Mariña oriental na que está presente un número importante de refráns e frases feitas ben traídas, ata o Santiago da tvg con presenza do movemento "Defende a galega" e con referencias inequívocas ao famoso "editor" executor directo das noticias da man dos poderes da Xunta (ben coñecido por todos). Non esquece a memoria histórica , a desfeita da A-8 ao seu paso polo Fiouco, as múltiples filosofías terapéuticas alternativas,... e tampouco non dubidadmos da presenza de algunhas pinceladas da súa historia persoal.

A "avola" da protagonista( de aí vén que fagamos mención deste libro no blog) lembra como de nena ía "tomar as augas" a Bastiagueiro e a coincidencia de costume con Casares Quiroga  (lembremos que a filla deste, María, no seu París de residencia, tiña unha botella de area do citado areal.

Praia de Bastiagueiros 1937
Vemos pois como das terras trabadenses achegábase xente aos baños ás praias da Coruña e Oleiros.

Lembremos que en Bastiagueiro houbo desde a década dos vinte (s. XX) un balneario que completaría os baños de ola das bañistas que puidesen costealos.

Acción coruñesa, 12 de setembro de 1921

Outra cita que tamén nos toca de cheo é o uso da Chocolateira por parte destas mulleres. Lembremos que este era o nome que se lle daba ao tren de Vilaodriz, moi empregado polas canouras para se achegaren a Ribadeo

Recomendamos a lectura desta novela ilustrada desta profesora hoxe en Boiro con orixes en Trabada e Friol ( o seu Madialeva parte de Miraz, parroquia friolesa) e verdadeira activista cultural. 

Un bo agasallo de Nadal.