Amosando publicacións coa etiqueta Tren de Vilaodriz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tren de Vilaodriz. Amosar todas as publicacións

4.10.24

Da Órrea a Porcillán

Estación de ferrocarril de Vilaoudriz (1)

Falamos, na entrada anterior, das II Xornadas "Baños de mar" celebrada en Ribadeo e lembramos a memoria das canouras presentes no parladoiro ao que fixemos referencia.
Queríamos engadir outra historia dunhas canouras da Órrea (Riotorto), nai e fillos, que dende A Rebordela, na citada parroquia, achegábanse nos anos corenta e principios dos cincuenta, do pasado século, a tomar os baños á vila ribadense.
Sara Fernández


Neste caso, Sara Fernández (1917-2012), que así se chamaba esta muller, viña ata unha casa de Porcillán que previamente axustara o seu pai (que era quen se encargaba dos preparativos) despois de rematar os labores do campo e que viña coincidindo cos primeiros días de setembro. 
Sara tiña cinco fillas e un fillo. Aos baños só viñan os nenos que tiñan algunha doenza e sempre por prescrición médica; de aí que dos seis só acompañasen á nai tres deles en diferentes anos ( cada ano ía un). 
Igrexa de Santa Comba da Órrea (2)


Estiveron vindo á costa seis ou sete anos. Desde A Rebordela na Órrea baixaban en burro ata a Pontenova, acompañados polo seu home; alí collían o tren para achegarse a Ribadeo. Á volta facían o mesmo. Nalgunha ocasión viña o avó dos pequenos buscar a familia, facendo a mesma ruta co mesmo transporte. Nalgunha ocasión en vez de viren no tren usaran o coche da liña da Empresa Ribadeo. 
Porcillán


Viñan, como xa dixemos con todo organizado. Traían comida, para eses días, que compartían cos da casa. O pago do aluguer sempre era en metálico.
Ao parecer, "pasaban todo o ano aforrando" para poder afrontar esa viaxe ás augas do Cantábrico.
Tan xusta debía ser a cousa que nunha ocasión chegaron sendo as festas do oito na vila e á casa onde ían estaba chea con invitados. A caseira non lles deixo quedar e acabaron pasando a noite no "cárcere" (3), por non atopar sitio mellor.
Como ben di, Ana Fernández Gómez, informante e neta de Sara, “non viñan de vacacións, viñan porque o mandaba o médico” para coidar da saúde dos meniños.
Bañábanse moi cedo na praia do Cargadoiro. Este baño de mañanciña é característica común  de moitas destas bañistas. 
Pilar Díaz (1935) de Ove (Ribadeo), conta  que sendo unha meniña, a súa nai tamén a levaba a esa praia moi cediño a bañarse e que coincidía cunha canoura, que paraba nunha casa da Regueira, que chegaba cunha nena en burra ata o propio Cargadoiro. 
A Vigo, á praia de Samil, unha muller de Tuimil, Bóveda, no sur de Lugo, ía todos os anos dar os noves baños de nove ondas, despois de rematar os labores do campo, Pilar Sánchez, que acudía sobre as oito da mañá dar o correspondente baño.

Cargadoiro


Sara e a súa familia sempre tomaron os baños  no Cargadoiro e nunca fixeron uso da Casa de baños  "La Cantábrica". 
Facer fincapé tamén que a tempada de baños viña orixinada polas doenzas dos fillos: soriase, problemas de bronquios, pernas,...  
Estes meniños riotortegos co tempo, fixéronse mozos e, xa na década dos sesenta, emigraron a Europa para posteriormente asentarse en Ribadeo onde fixeron casa e co seu rexo traballo axudaron a medrar coma un máis, á economía vilega.

Notas
(1) Fotografía da páxina da Cámara Oficial Mineira de Galicia 
(2) Fotografía da páxina Patrimonio Galego
(3) Segundo relata Ana Fernández: Era no cárcere vello, aquí en Ribadeo; estaba  abandonada. entraron e pasaron ali a noite.
Uns veciños de Sara que vivían xa en Ribadeo aconselláronlles o lugar para pasar a noite....
O antigo cárcere de Ribadeo estaba situado na praciña da Fonte dos Catro Caños facendo esquina co que hoxe é Travesía da Paz

21.11.23

Os canouros en ·Ribadensario

Iniciamos aquí unha serie de entradas nas que imos publicar as diferentes impresións e opinións que as canouras e canouros produciron en vilegos que en publicacións periódicas ou directamente en libros da súa factoría, con áxil pluma, describían os costumes desta poboación bañista.
Nesta entrada publicamos o capítulo "Los canouros" do libro "Ribadensario" de Juan Carlos Paraje Manso, publicación que recolle unha selección de colaboracións do autor nos semanarios ribadenses.
Di este home que "no constituían sorpresa sino, más bien, una anual pacífica invasión ya esperada. En agosto, terminada la siega, evacuados por el tren de Villaodrid o en los numerosos "Fiestas, Ferias y Mercados" que aquel entonces nos visitaban, procedentes de Os Oscos, Fonsagrada, Terra de Miranda, Meira, Terra Chá, etc, llegaban los "canouros", pintoresca grey de hombres, mujeres y niños, invariablemente enlutados (nuestros paisanos rinden a la muerte sus mejores galas) que, cargados con cestas, sacos y maletas y precedidos por sus posaderos, desfilaban hacia las numerosas casas --algunas de familiares o antiguos convecinos-- que se prestaban a darles acomodo.
Estas gentes del interior ("montañeses", como despectivamente solíamos llamarlos los que orgullosos poseemos los caminos del mar) --los primeros turistas, tal vez, después de los peregrinos a Santiago--, pertenecían a familias acomodadas que venían a buscar en la frescura del Cantábrico alivio a sus dolencias reumáticas los mayores, estímulo para el crecimiento los pequeños. A este fin se trasladaban diariamente a la Casa de Baños instalada en la playa de san Miguel en Porcillán, en donde, bajo la dirección sucesivamente de los doctores don Federico Martínez y don Félix Puelles, eran sometidos a baños y "chorros", de agua caliente del mar, que los consolaban.
Otros se distribuían por las playas de Figueirúa, Cabanela y el Cargadoiro, y, con gran aparato de alaridos y gritos histéricos, que el vaivén de la marea les producía, se bañaban de lo lindo. Cumplida esta obligacion ritual, se colocaban las imprescindibles toallas sobre la cabeza y se encaminaban a sus residencias.
Está de todo punto confirmada la eficacia de estas hidroterápicas sesiones: estas buenas gentes, por lo general agobiadas de trabajo, reacias o sin comodidad para beneficiarse del aseo corporal, al pasar unas semanas en un ambiente agradable, sin más preocupación que la de bañarse, comer y pasear, es de lo más lógico que se sintieran reconfortadas.
En el tiempo en que no estaban bañándose, solían pasear por las calles --consideraban de rigor el girar boquiabiertos en torno a la Torre de los Moreno, en violenta postura causante de tortícolis-- o sentarse en los bancos del Parque (los ocupaban todos) sin abandonar sus toallas que les conferían un exótico aspecto oriental y sin parar las mujeres de calcetar, hilar e incluso torcer; yo recuerdo verlas por las Cuatro Calles armadas de parafusa "torciendo" hábilmente sin dejar de pasear. Existía la creencia de que las mujeres que venían "a los baños" estaban moralmente obligadas a tejer un par de "chapos" para cada miembro de la familia, en justa reciprocidad al beneficio de que eran objeto.
A la mayoría de los "canouros", ¡cómo no! les fascinaba Ribadeo: el mar, el clima suave, las doradas escamas de la Torre, las calles limpias y bien pavimentadas -- que, aunque parezca mentira, nuestra villa tuvo algún día--, la banda de música, a cuyos conciertos acudían extasiados, la comodidad y riqueza de las casas de labor cercanas, el apoteosis de nuestras fiestas (en las que invariablemente corrían despavoridos al desencadenarse la traca), fueron causa de que muchos ya no pudieran vivir tranquilos, ni un solo día más, en sus incómodas aldeas, hasta trasladarse definitivamente a Ribadeo. Estas aportaciones a nuestra comunidad, adquiriendo y reconstruyendo casas ruinosas, ocupando caseríos que la emigración americana había vaciado, etc, fue en algún momento de tal importancia que se llegó a bautizar socarronamente con el nombre de "Avenida de Meira" a la calle Amando Pérez.
Esta atracción tuvo casos enternecedores, tales como el del "señor Francisco", octogenario de arriba de Mondoñedo. Era éste un hombrecillo pulcro y refinado que apoyaba su vejez en dos cayados. Se prendó de tal modo de Ribadeo que no quería marcharse ni a tiros. En vano acudían sus familiares a buscarlo una y otra vez, maldiciendo la mala hora en que se les había ocurrido mandarlo "a los baños". Cuando se daban cuenta ya se había metido en otra temporada.  Frágil pero enérgico, esgrimiendo sus bastones, se opuso a volver a su aldea y permaneció con nosotros hasta el fin de sus días. Su endeble figurilla se había convertido en un elemento urbano más, y era recibido con agrado en zapaterías, hornos, peluquerías, tiendas y talleres en los que le tenían su sitial, permaneciendo un rato departiendo hasta continuar su ronda de visitas. Jamás renegó de su aldea, antes al contrario, siempre decía: "Ahora pronto teño que volver... Pronto teño que marcharme.."’ Y así año tras año.
A los ribadenses, en términos generales, no nos caían simpáticos "los canouros": hería nuestra delicada susceptibilidad de vilegos, aquella pacífica invasión de extraños a nuestro medio, que olía a humo, caminaba a saltos y vestía, actuaba y hablaba de forma diferente (Aunque —sorprendentemente— los montañeses, por similitud de vocablos, y modales dulces y corteses, son más afines con los ribadenses que los habitantes de los pueblos costeros ga1legos e incluso que los de las mismas aldeas colindantes) Temíamos que los transeúntes y veraneantes "de ciudad" creyesen que eran de Ribadeo y que el prestigio de Villa elegante y moderna, del que siempre hicimos alarde, saliese malparado. Aunque con su pensión y talegadas que contenían aves, patatas, alubias, castañas, grano, cecina, carne salada de cerdo, chorizos, etc.) contribuyeran al sostenimiento de gentes de nuestro pueblo, de modesta condición, y de que solían efectuar copiosas compras en el comercio local (fue largo tiempo conmentado el caso de una canoura que compró ¡dos pares de medias de cristal!) sin olvidar que, con su desenfadada actitud en las playas --despelotándose alegremente y bañándose en paños menores-- contribuyeron decisivamente a ponernos al día en materia anatómica, no eran estos, al parecer,  méritos suficientes para que dejásemos de zaherirlos y contar de ellos casos y chismes de mala ralea. No les perdonábamos que acapararan los bancos del Parque y los acusábamos de ser portadores de "viajantes".
Aunque debo decir, en honor a la verdad --y que así conste por los siglos de los siglos-- que, después de fatigosas investigaciones, no he podido hallar noticia de que en algún momento sus pulgas se hayan peleado con las nuestras".
Constatamos como as prácticas eran as mesmas que en toda a costa galega: chegada empregando diferentes medios de transporte ( non podemos esquecer a importancia do tren de Vilaodriz, aquí en Ribadeo, ao igual que a liña férrea --1ª de Galicia-- coñecida como  "El compostelano" que unía Conxo con Carril para Vilagarcía)
O uso dos parques para sentar ( que xeraba as mesmas queixas vilegas en todas partes) o aproveitamento do tempo libre para calcetar (todas as personas coas que contactamos fan alusión a esta actividade produtiva).
O beneficio comercial e económico tamén queda reflectido. De aí que Bouza Brey teña recollido o termo "bienvenidas" para estas canouras.
A inxusta acusación de portadoras de parasitos a estas canouras que non cremos superasen a presenza media destes ectoparasitos na poboación vilega ( dito con todos os respectos)
Ao tempo, ese correr espavorecido que indica Paraje ante os inicios das tracas festivas serían continuación do medo que soportaban cando mozos vilegos lles tiraban petardos cando estaban sentadas no Cantón (segundo nos relatou Eduardo Gutiérrez)
Por último citando como anecdótico o caso do sr Francisco, indicar que a corrente migratoria cara as vilas mariñeiras, neste caso Ribadeo, xerouse por parte da poboación destas terras do interior que, unha vez coñecido o mar, a suavidade do clima e as condicións de vida, decidiron cambiar de aires. O caso retranqueiro da avenida de Meira, non é máis que o reflexo dunha dinámica que achegou á vila a moitos destes bañistas que asentaron no concello e que pasaron a formar parte da poboación estable desta ría.     

31.10.23

Da literatura oral e as bañistas de setembro ( II )


Xa vimos nunha entrada anterior unha cantiga vixente en Vilaxoán, das poucas que atopamos relacionadas co tema que tratamos:

Somosche de Vilaxóan
a terra das revenidas
onde se canta moi ben
e se bañan as mantidas.
Seguindo o avanzado na entrada anterior achegámonos agora a Ribadeo. O enxeño popular para xerar coplas, alcumes e demais xogos lingüísticos chocalleiros ou burlóns, nesta vila é manifesto. Basta con ler números da Comarca ou de Riberas del Eo, publicacións hoxe unidas na Comarca del Eo e mesmo en outras do lado asturiano da ría para confirmar o que aquí se expón. 
Pois ben, nalgunha biblioteca da veciñanza e gardadas como verdadeiros tesouros (sono), ben mecanográfadas ou ben manuscritas, hai memoria de vellas coplas atribuídas a un par de zapateiros de vello, da vila.
Un dos autores, xa confirmado, é Carnota, Daniel Carnota (Daniel da Lancha); co taller na rúa de San Miguel. Son moitas as súas enxeñosas punzadas  que actualmente podemos ler nas redes sociais do concello ribadense.
Nós paramos nunha delas que fai referencia directa aos canouros ( neste caso a invectiva é cara un home)
Un canónigo dos baños 
nas orellas ai que pinta! 
mais que orellas parecían 
calamares en su tinta! 
Curioso ademais a referencia a canónigos, co que queda demostrado que tamén por Ribadeo usábase, aínda que menos, este despectivo para facer alusión aos bañistas setembrinos.
A citada copla chegou a nós a través de Fátima Solloso Irimia. 
Remexendo pola nosa conta demos con outro folio que non sabemos moi ben como chegou a nós pero si que indica (pódese ver ampliando a imaxe que acompaña esta entrada) que a autoría é de Carlois, zapateiro, tamén , pero este situado en Reinante, no que é hoxe a tenda de fotografía Suso (o seu fillo).
O folio leva por título Ribadeo visto por fóra; unha das coplas que aparecen neste texto fala directamente dun bañista e di
Un vello que viña aos baños 
arrastrado pola mofa 
 o meteron de cabeza 
 no portal da Garabata (sic) 

Quedamos coa dúbida, que se cadra resolvemos máis adiante,  de que sexan distinto autor. Os papeis terman do que se lles pon e nada imos obxectar.
A nosa achega ao respecto incorporámola aquí, pois acae ben e, dalgún xeito, é deixar pegada dixital de oralidade. Os folios andan ciscados por aí pero din:

Xa están a chegar as festas 
estan chegando as canouras 
Vén o tren de Vilaoudriz 
ateigado coas súas cestas.

Xa se ven polo Cantón 
sentadiñas coa calceta,
escoitando moi atentas 
a música das orquestras.

Levarán algún recordo 
cando marchen pra as súas terras? 
Algún botello de auga
e se poden unhas medias.

Algunhas de ben arriba 
das que lles din montañesas,
aproveitan a viaxe 
pra levaren sal nas cestas.

As canouras ben merecen 
ter lugar entre os turistas 
que viñan a Ribadeo 
darse baños sen ser vistas 

25.10.23

A chegada das canouras ( I )


Ao falar das canouras xa comentamos que o lugar de procedencia era ben dispar, había quen viña de moi lonxe e outras que se achegaban a tomar as augas desde  parroquias próximas (mesmo do propio concello) (diferentes entrevistas realizadas para a actividade Os baños de mar así o indican).

Pol, Meira, Os Oscos, Trabada, Riotorto, A Pontenova, O Piornedo de Donís (Cervantes)... e moitos máis eran diferentes puntos de procedencia destas mulleres dispostas a tomaren os correspondentes baños de setembro.

Na publicación do ano 1852 "Nueva guía del bañista en España" de Aureliano Maestre de San Juan xa se recollía  Ribadeo como lugar frecuentado polos "bañistas" referencia xeral, pero tamén única da provincia lucense no citado manual (tamén aparece Castropol no lado astur da ría). 

É dicir que xa a mediados do século XIX testemúñase presenza de bañistas nas praias ribadenses; de feito léronse por parte de Noemí Díaz Orol, na actividade citada o día 24 de setembro, no anfiteatro de Cabanela, unhas ordenanzas do concello de Ribadeo sobre as normas a cumprir nos baños xa do ano 1861, e ben sabemos que as normas van moito despois de que algo estea previamente implantado na sociedade.

Sen nos desviar do tema, o transporte ben se facía en cabalerías que atravesarían montañas e vales ( algunhas sabemos deixaban estas na Veiga e facían o derradeiro treito en carruaxes ( así o testemuñaban en Donís no ano 1995 e confirmaba Isabel Somoza na actividade comentada)

Outras virían nos coches de liña (ben, sentadas no interior ou amontoadas na baca do autocar). Seguramente usarían distintos medios para achegarse á parada destes autobuses.

As máis próximas mesmo usarían burras para achegarse aos baños ( segundo recollemos : desde a casa dos Gallopines achegábase ao Cargadoiro unha muller hospedada alí coa súa filla )

E nos dous primeiros terzos do s. XX aproveitaban o tren de Vilaoudriz para viren ata a vila ribadense .

A fotografía que ilustra a entrada colgouna Alberto Paraje no muro de facebook  "Non eres de Ribadeo..."

Deixamos nesta entrada este vídeo como testemuño do tren de Vilaodríz, curtiño pero saboroso...