15.10.23

Comezamos


Canouras, este era o nome que se lles daba maioritariamente ás mulleres que, no pasado, baixaban desde o interior á vila ribadense e por extensión aos dous lados da ría, para tomar os baños no mes de setembro.
Dentro do programa Baños de mar, o día 24 de setembro de 2023 realizouse un percorrido guiado polo casco vello ata achegármonos a unha das praias onde tiñan lugar os referidos baños.
Previamente á actividade, desenvolveuse unha procura de información que poderiamos dicir abrangueu terra, mar e aire.
Un fermoso traballo capitaneado por Noemi Díaz Orol e Raquel Queizás, que arroupadas por moitas veciñas, e imprevistas informantes de diferentes puntos da xeografía luguesa foron artellando unha viaxe ao son das que sen dúbida foron das primeiras bañistas que acolleu Ribadeo.
Todo isto ten unha contada, longa contada 
Pretendemos que todo o traballo desenvolto non quede esquecido e teña presenza activa na rede.
Non hai ningún estudo sistematizado sobre este fenómeno de migración temporal e salutífera. 
Dalgún xeito este caderno sería o recoñecemento ao traballo de moitas persoas que achegaron os seus grans de area a este proxecto.
Inicialmente a proposta é ir enchendo (coas entradas que se consideren) este blog
De momento vai ser privado ( só persoas que se considere poden facer achegas terán acceso ao mesmo como administradoras: poderán editar, publicar e deseñar a páxina en igualdade de condición ca o resto.
É unha historia de mulleres que debe ser capitaneada por mulleres Seguro que quedan moitas cousas que perfilar pero para botar a andar se vemos a posibilidade e a utilidade, este texto vale ben.
Faremos achegar o enderezo do blog ás persoas que consideremos, ás que automaticamente autorizaremos como administradoras ou autoras , agás se decida o contrario.
Terá cabida todo.
No momento que así se decida pasará a ser público

Ningún comentario:

Publicar un comentario