As canouras
20.12.24
18.11.24
Memoria do estanque da praia de san Miguel (Ribadeo)
![]() |
O estanque con toda a súa luminosidade |
Estes días, de xeito casual, accedemos a un texto de María Luísa Mon Bellón, sobre o esquecido estanque que na praia de san Miguel, e pola parte de atrás da casa de baños, construírase canda a casa polos propietarios da mesma.
4.10.24
Da Órrea a Porcillán
Estación de ferrocarril de Vilaoudriz (1) |
Falamos, na entrada anterior, das II Xornadas "Baños de mar" celebrada en Ribadeo e lembramos a memoria das canouras presentes no parladoiro ao que fixemos referencia.
28.9.24
Ribadeo segue a recuperar a tradición dos baños de setembro
A moderadora Noemi Díaz Orol iniciando o parladoiro |
Os pasados 14 e 15 de setembro desenvolvéronse na vila ribadense as II Xornadas Baños de mar.
O miradoiro na Punta de don Federico |
Milagros, que como xa dixemos traballou en “La Cantábrica” vería as bañeiras de fundición chegadas de Francia con pés en forma de gadoupas e que acollían aos e ás bañistas que facían uso da tarifa de baños máis elevada; os baños dábanse previa prescrición facultativa.
Factura da empresa de xabóns ( Todocolección.net ) |
En resumo, home que merece un aparte pois é memoria viva da vila.
12.9.24
Baños de mar ( II edición)
Deixamos aquí o programa
Destacar o parladoiro "As canouras e a tradición dos baños en Ribadeo" que modera Noemi Díaz Orol e no que participarán canouras, bañistas , traballadoras da antiga Casa de Baños e mesmo un familiar do derradeiro rexente da citada "La Cantábrica".
Tanto o sábado como o domingo as e os participantes poderán darse un baño no Cargadoiro, lugar frecuentado por estas pioneiras do turismo mariñán.
Xa o domingo haberá unha visita guiada pola propia Noe Díaz, pola vila e porto ribadense; posteriormente desenvolveranse actividades lúdicas xa indicadas no programa.
Somos sabedores do traballo intensivo que está a desenvolver a feiticeira que entretece e guía estas xornadas das que estamos seguros tirar novas e frutíferas informacións sobre estas antigas e fugaces bañistas de fin de temporada
24.1.24
As carrachentas
Praia de Covas |
Notas
10.1.24
Bíteres
![]() |
Bolma rugosa e opérculos |
Non temos constancia de se as carolas, canónigas ou canouras estivesen polo labor de recoller estes opérculos “máxicos”, pero se facemos caso ao recollido por Xaquín Lorenzo no seu “O mar terra adentro” si é probable; máis aínda, de ser coñecedoras das súas protectoras propiedades.
Este opérculo da bolma rugosa ( astraea rugosa) é un elemento da natureza á que se lle atribúen, desde ben antigo, propiedades curativas e protectoras.
Curiosamente polo lado interior ( plano e branco) apréciase unha espiral ( símbolo vello que en Galicia xa aparece nalgúns petróglifos); polo lado exterior a rugosidade do bítere permite vislumbrar ( din ) a imaxe da virxe.
Sabemos do achado de ánforas dos tempos dos romanos cheas deles, en escavacións arqueolóxicas no Mediterráneo.
En Galicia hai constancia da súa presenza puntual nos concheiros da Punta Atalaia ( San Cibrao) segundo se reflicte en “La explotación del mar en la Galicia Romana: El yacimiento de Punta Atalaia (Galicia, Noroeste Ibérico)" de E. González, V. Bejega e C. Fernández.
Alá polo ano 1983, exercendo como mestre primeirizo no colexio público de S. Miguel de Reinante, as actividades que tiña organizadas o centro, fóra do horario escolar, leváronnos aos areais de Barreiros ( concretamente ao que daquela chamabamos a praia do Complexo) e correndo polo devandito areal atopamos estes opérculos. A alumna que naquel momento nos acompañaba, Nereida Rocha Leitón, ( cursando 6º de EXB) púxolles nome: bíteres... e ao tempo informounos das súas propiedades, indicando a sorte que significaba atopalos e a sorte que xeraba telos preto de un.
A partir dese momento fomos lendo todo o que atopabamos ao redor deste opérculo e así demos con que o gasterópodo é abondoso en todo o Atlántico europeo, mesmo chegando ás illas Canarias, e tamén no Mediterráneo.
Fotografía da web http://www.ictioterm.es/ |
Por todos os lugares onde vive esta “bolma rugosa” e polo mesmo se atopan os ollomaos ou bíteres , estes xeran a mesma devoción e interese, recibindo nomes ben curiosos como "jaquequeras" en Almería ( por ser bos para as dores de cabeza), ou o máis estendido "ollos de santa Lucía".
Nesta ligazón podemos ver os diferentes nomes que recibe pola costa andaluza (como curiosidade esta bolma é comercializada no mercado gaditano para o seu consumo).
No Alt Empordà, coñécense como ulls de Santa Llúcia, ou tamén como ulls de sirena. En Menorca Pedres de la Virtud; en Dénia, ulls de bruixa ou pedretes del mal de cap; habas de mar, orejitas...
Esta ampla nomenclatura deixa constancia do forte arraigo popular como pedra máxica e amuleto. De feito, moitos destes bíteres acaban engarzados en sortellas, aneis , pendentes,...
En Galicia fóra do ollomao e bítere, sabemos que son tamén coñecidos como “ollos de boi vidal” ( vidal > vital: vida); ollos de boimar... e cónstanos que na parroquia focega de Santa Cilla do Valadouro, son coñecidos como "ollos magos" con referencia inequívoca das súas propiedades.
Falan de que é remedio eficaz contra orizós ( tirizós), para o mal de ollo, dores de cabeza e en xeral como amuleto protector e portador de sorte.
Adoitan ter presenza, abondosa, nos areais da parroquia barreirense de Benquerencia; con maior incidencia en Remior, Balea, Lóngara e Pena da salsa.
![]() |
Areal de Benquerencia |
Tamén na costa ferrolá sabemos que son frecuentes en Ponzos e segundo indica Quintía tamén na costa de Arteixo pódense apañar, e seguramente en máis puntos dos que non temos coñecemento.
Polo Cantábrico adiante nalgunha praia astur tamén se atopan estes opérculos
Xa para rematar deixamos un vídeo onde vemos a caracola co seu opérculo no seu medio natural
E por último deixamos ligazóns a dous textos sobre a mesma temática de dúas persoas que xa non están con nós:
Un é o relato de Isidro Novo para a páxina Galicia Encantada que coordina A. Reigosa ( ligazón)
E outro a entrada que Emilio Piñeiroa fixo no blog Ribadeando (ligazón)
Só queda engadir que se algún lector ou lectora coñece máis lugares onde se recolle en Galicia estes bíteres, agradeceríamos nolo fixese saber mediante comentario ou usando o correo do blog
Rafael Quintía e a Mariña inmaterial
8.1.24
Outro desastre medioambiental : os pellets de plástico
4.1.24
Máis memoria viva das canouras
Praia do Cargadoiro |
Destacar o feito do nome que permanece na memoria xunto ao de canouras: a variante canourias que para nós é apelativo novo.
Ao respecto, e relacionado co despectivo aplicado a estas bañistas, demos cunha informante de Barres ( parroquia do concello de Castropol, no lado astur da ría ribadense) Marisefa López Arias que nos indica que na súa zona unha canoura é : "úa canoura dícese por úa vaca flaca e mal feita, incluso veya, tamén se lle di candorca".( recollido do muro de facebook)
Igrexa de Barres, Castropol |
Pois ben , na mesma rede social e na páxina do grupo Patrimonio cultural da Ribeira de Piquín recollemos a información que pasamos a transcribir:
"Moita xente de Ribeiras de Piquin ia a Ribadeo a tomar os baños. Para ben ser, había que ir tomalos nove días seguidos. Ian sobre todo as mulleres, os nenos e os enfermos. Unha zona á que se ía era a praia do Cargadoiro.
As mulleres que viñan das partes do interior para tomar os baños e curarse dalgún mal, a xente da costa chamáballes canourias ou canouras.
As familias levaban comida para pasar alí eses dias
A fariña levábase a algunha panadería (como a Gayol, que tiña moita sona) e cambiábase algún quilo de fariña a cambio de que co resto dela che coceran os bolos para os días da estancia."
Susa Alvita Ramos apostila cun seu comentario que "tamén nos chamaban carolas, polo menos en Foz", esta informante é de Bretoña (A Pastoriza)
Estas canouras asiduas á citada praia do Cargadoiro, dan pé para que a ribadense Josefina Gómez Pérez comente:
"(...) iamos velas porque se deitaban na beira agarradas ás pedras e metíanse na auga con combinación. Cando as pequenas ondas baixaban todo ía ben, pero cando subían as ondiñas a combinación tamén se subía e chegáballes ata o pescozo...
Moito nos temos rido. Cousas de cativos!"
O pouso retranqueiro queda rexistrado neste comentario que fai a tamén vilega Elva Díaz Álvarez:
"Dáme a risa de cando me dicían as veciñas: Xa viñeron as canouras! e eu contestaba: Diso nada! son madrileñas do Marco de Álvare!"
Esta veciña tamén engade que "na miña casa viñan aos baños en setembro e metíanse na auga cunha camisa branca . Ese é o recordo que lembro. Traían chourizos e touciño e miña nai facíalles a comida"
3.1.24
Memoria dunha canoura de Pol
Hórreo en San Martín de Lúa ( Pol) |
Como memoria viva de canouras que ían a Ribadeo tomar as augas, achegamos unha transcrición do narrado por María Marina Díaz Irimia... que a principios dos cincuenta como canouriña ía canda a súa nai ata a vila ribadense para realizar os pertinentes baños de setembro.
Entroido en Santalla ( Ribeiras de Piquín). 1967 |
E... bueno, sempre había xente coñecida... concretamente dun pueblín cercano ao noso que se chama Santalla pertence a Ribeira de Piquín, de onde é nativa a Susana Seivane tan coñecida hoxe. Tamén ían sempre unhos señores que tamén adoitaban estar onde estabamos nosoutros; era un señor que tiña moitos problemas de pel e dicía que desde que empezara a ir aos baños se puñera moito mellor."
21.12.23
14.12.23
Casas de baño: Picadillo
Vista xeral de Ribadeo 1966 |
Portada de 12 de xullo de 1918 |
13.12.23
Memoria viva dun poubano: fala Manuel Boullosa
Praia de Mogor ( fotografía anterior a 1965) |
Fachada do cine Quiroga |